A Xunta saca a licitación un novo vehículo de emerxencias para o parque de bombeiros do consorcio comarcal de Valdeorras

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13O Diario Oficial de Galicia anuncia na súa edición de hoxe a licitación relativa á subministración dun novo vehículo de emerxencias para o Parque de Bombeiros do Consorcio Comarcal de Valdeorras, na provincia de Ourense.

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior saca así a concurso un vehículo Autobomba Urbano Lixeiro (BUL), cun custo aproximado de 250.000 euros, para mellorar o servizo de emerxencias que presta o dito parque de bombeiros. Esta actuación será cofinanciada nun 80 por cento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Esta dotación por parte da Xunta é fundamental para a mellora dos medios técnicos e móbiles do corpo e, en consecuencia, prestar un servizo máis rápido e de calidade á cidadanía, sendo fundamental en materia de seguridade e emerxencias.

Consorcio Provincial de Ourense
O pasado 31 de xullo constituíuse o Consorcio Provincial para o Servizo Contra Incendios e de Salvamento de Ourense, organismo no que colaboran a Xunta e a Deputación Provincial. O obxectivo deste ente, que estará en pleno funcionamento a comezos de 2016, e homoxeneizar o servizo e cubrir a totalidade da provincia de Ourense.

A Xunta e a Deputación de Ourense consideran que a forma máis eficaz e eficiente de xestionar os distintos parque comarcais existentes nesta provincia é a través dun único consorcio. Por ese motivo, os catro consorcios existentes -Valdeorras, Verín, A Limia e O Carballiño-O Ribeiro- serán disoltos para a súa integración no consorcio provincial, achegando cada un os medios técnicos e os recursos cos que conta.

También te podría gustar...