A Xunta reitera a súa aposta pola colaboración entre os concellos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

image_gallery (1)

 

O director xeral de Administración Local, José Alberto Pazos Couñago reiterou hoxe a aposta e o interese do goberno galego pola colaboración entre os concellos que conforman a Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal.

Pazos Couñago mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Arteixo, José Carlos Calvelo e o alcalde de Farmaliçao, Paulo Cunha para estudar posibles vías de colaboración e co obxectivo principal de definir as actividades conxuntas a desenvolver entre ambos concellos en varios sectores e establecer as bases dun protocolo de colaboración e irmandamento. Á reunión tamén asistiu o vicepresidente da CCDR-N, Eduardo Viana.

Segundo destacaron na xuntanza, os dous concellos teñen en común a importancia do sector téxtil na economía dos dous concellos, polo que a colaboración terá entre un dos seus eixes máis importantes o eido téxtil co fin de promover a cooperación entre a industria téxtil da Eurorrexión a través dun mellor coñecemento mutuo, constituíndo a oportunidade ideal para xerar sinerxías.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT), está a impulsar fortemente os proxectos de colaboración municipal entre concellos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así, as dúas Eurocidades xa existentes (Chaves- Verín e Tui-Valença), hai que engadir a sinatura dos protocolos de irmandamento entre Lalín e Cabeceiras de Basto, de 2013, e entre Caldas de Reis e Vizela, asinado en 2014, así como os máis recentes entre Tomiño e Vilanova da Cerveira e entre Salvaterra e Monçao.

También te podría gustar...