A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba 75.000 euros para infraestruturas deportivas en Celanova

Montserrat Lama na Xunta de Goberno

Montserrat Lama na Xunta de Goberno

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada o venres no Pazo Provincial aprobou unha subvención por importe de 75.000 euros para a construción dun campo de fútbol de céspede artificial no municipio de Celanova, no marco do convenio de colaboración entre o ente provincial, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Celanova. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de setembro. A Xunta de Goberno aprobou tamén as bases reguladoras da XIII edición do Premio de narración e ilustración infantil e xuvenil “Pura e Dora Vázquez”.

 

También te podría gustar...