A Xunta de Galicia inicia as obras de conservación da Ponte Romana de Ourense

OurenseA Xunta de Galicia iniciou onte as obras de mellora e conservación na Ponte Romana de Ourense, cos traballos iniciais que se centran na retirada manual de maleza e vexetación na ponte dun modo respectuoso, tal e como se fixo en 2010 e 2013.

As previsións da Axencia Galega de Infraestruturas son rematar estes primeiros traballos a finais deste mesmo mes.

A Ponte Vella de Ourense, construída no século I e declarada monumento histórico-artístico no ano 1961, presenta un bo estado na súa estrutura, pero é recomendable e conveniente acometer actuacións para contribuír ao seu mantemento e a unha mellor conservación, polo que as actuacións do plan se irán desenvolvendo de xeito progresivo.

Na actualidade, paralelamente, estase a redactar un proxecto construtivo no que se definen con exactitude os traballos necesarios e se concretan as actuacións máis urxentes, que contribúan a reforzar esta ponte como símbolo de Ourense.

Tamén se actuará nas inmediacións da ponte, co fin de realzar o monumento cunha nova pavimentación e co acondicionamento da rúa entre a Ponte Romana e a Capela dos Remedios, a construción dunha senda peonil e un paseo baixo un dos arcos, así como a instalacións de paneis informativos con datos sobre o monumento para unha maior divulgación e promoción.

Trátase dun conxunto de actuacións que se realizarán en dúas fases e que teñen por obxectivo a recuperación da integridade estética da ponte e a mellora do súa contorna, para a posta en valor da propia ponte.

También te podría gustar...