A Xunta aclara que é falso que a Lei de Montes do Estado abra a porta á recualificación indiscriminada de terreos queimados

alberto nunez feijoo preside a reunion do consello da xuntaxuntaTrala proliferación de distintas críticas que están intentando confundir á cidadanía asegurando que a Lei de Montes do Estado abre a porta á recualificación indiscriminada para iniciar procesos urbanísticos ou especulativos en terreos forestais ardidos antes de que se cumpran 30 anos dende o último incendio, a Xunta quere aclarar que é rotundamente falso. A Ley 21/2015, de 20 de julio, por la que se modifica la Ley 43/2003, de 21 de noviembre, recolle explícitamente a prohibición expresa do cambio de uso forestal alomenos durante 30 anos así como de “toda actividade incompatible coa rexeneración da cuberta vexetal durante o tempo que determine a lexislación autonómica”.

Só “con carácter singular” faculta ás comunidades autónomas a excepcionar esta prohibición sempre que con anterioridade ao incendio forestal estivera previsto o cambio:

-nun planeamento previamente aprobado,
-nun instrumento de planeamento pendente de aprobación sempre que xa fora obxecto de informe de avaliación ambiental favorable ou –de non ser este último esixible- se xa fora sometido ao trámite de información pública
-nunha directriz de política agroforestal que contemple o uso agrario ou gandeiro extensivo de montes non arborados en estado de abandono.

Tamén con carácter excepcional, as comunidades autónomas poderán acordar o cambio de uso forestal “cando concorran razóns imperiosas de intereses público de primeira orde que deberán ser apreciadas por Lei e sempre que se adopten as medidas compensatorias necesarias que permitan recuperar a superficie forestal equivalente á queimada”. “No caso de que esas razóns imperiosas de primeira orde correspondan a un interese xeral da Nación, será a lei estatal a que determine o cambio de uso forestal” e en ningún caso se poderá excepcionar a norma respecto de montes catalogados, caso –por exemplo- do recente conato na illa de Cortegada ou dos lumes rexistrados na Serra do Xurés.

É dicir, é radicalmente falso que a Lei de Montes do Estado permita especular urbanisticamente con terreos forestais e que abra a porta á recualificación indiscriminada antes de 30 anos tras un incendio. A nova Lei, só contempla a recualificación nos casos nos que ese procedemento estivera xa aprobado ou en marcha ANTES do incendio forestal ou sempre que se faga contemplando o seu uso agrario ou gandeiro. Ademais só se permite cambiar o uso forestal se por lei, a Comunidade Autónoma correspondente, declara razóns imperiosas de interese público de primeira orde (como por exemplo unha obra pública coma o trazado da alta velocidade).

Nesta liña, a Xunta lamenta profundamente que se estea a facer un uso partidista, sesgado e demagóxico da Lei intentando vinculala á actividade delictiva incendiaria que se está a rexistrar en Galicia trasladando unha mensaxe falsa e interesada á cidadanía con fins que se afastan da verdade.

También te podría gustar...