• E o único municipio da comarca que conta cun parque acuático e  dúas praias para baño vixiadas por socorristas

IMG_20160711_123322

 

O Concello de A Veiga organiza para os meses de xullo e agosto unha serie de actividades náuticas,culturais, gastronómicas, musicais e deportivas. E o único concello da zona que conta cun parque acuático, dúas praias perfectamente acondicionadas para o baño e ambas vixiadas por dous socorristas.

Ademais, A Veiga e o único concello da comarca con certificación Starlight, certificación que se otorga por cunha excelente calidade do ceo, sen contaminación lumínica e atmosférica.

IMG_20160708_202102

 

No programa de actividades para este verán figura do 11 (hoxe) ó 15 de xullo, un curso de guías turísticos (Organizado poIa Universidade de Santiago de Compostela) orientado a todos aqueles que desexen traballar en oficinas turísticas ou ben como guías. Está homologado pola Axencia de Turismo de Galicia.

IMG_20160708_201832

 

O 16 de xullo haberá unha ascensión a Trevinca (actividade compIementaria o cursode guías de turismo). O 17 de xullo está previsto o desenvolvemento dunha sesión de Tiro o prato (actividade na que coIabora o Concello de A Veiga).

Do 25 ó 31 de xullo terá lugar un “Campamento de baloncesto” (organizado por C.F.S Baloncesto Barco e colabora Concello de AVeiga).

Tamén do 25 ó 31 de xullo haberá unha “Escola de estrelas: planetario”, unha actividade de carácter didáctico onde se acerca o mundo da ciencia a todo aquel que teña interese por coñecelo.

IMG_3808

 

Xa no vindeiro mes agosto, está prevista unha Ruta dos pinchos, que será o día 12, organizada por a Asociación xuvenil Cantara da Moura en colaboración co concello de A Veiga. Será polos bares da localidade. Tamén no mismo día haberá un concerto para rememorar os anos “oitenta”.

O 13 de agosto será o turno das “Bágoas de San Lourenzo”, unha actividade para ver as perseidas e que será dirixida por Óscar Blanco.

E do 19 ó 21 de agosto terá lugar en A Veiga un Festival de Cine de verán en colaboración co artista Rubén Riós.  O 20 de agosto se proxectará a película “Vida”.

E do 20 ó 21 de agosto se desenvolverá a “VII noite entre lobos e estrelas”, camiñando pola noite a cima de Pena Trevinca. Organiza o Club de Montaña O Trisquel de Trevinca, patrocina e colabora o Concello de A Veiga e tamén “Trevihost” (Asociación de Hostelería e Turismo de Trevinca-A Veiga).

IMG_3331