A Rede CeMIT inicia a retransmisión de seminarios do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

logotipo cemitA rede CeMIT e o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) colaboran para ampliar a difusión das súas actividades. As aulas da rede CeMIT, emitirán a través do seu sistema de videoconferencia seminarios técnicos, que o CNTG vén celebrando en Santiago de Compostela, a todas aquelas aulas CeMIT que estean interesadas en participar.

Desta maneira, descentralízanse actividades e amplíase a posibilidade de acceso a todas s aquelas persoas interesadas independentemente do lugar no que residan, evitando así desprazamentos ou imposibilidades de asistencia debido a distancias físicas.

O acceso a estes seminarios realízase cunha inscrición previa a través do portal web do CNTG http://cntg.xunta.es ou da web http://cemit.xunta.es, no caso de que vaia seguilo a través de videoconferencia. Os seminarios son de balde condicionados ao aforo do local. O CNTG enviará un certificado por correo postal a todas as persoas que completen a súa asistencia.

A Rede CeMIT

A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A listaxe completa e a localización das aulas CeMIT poden ser consultados en: http://cemit.xunta.es/centros.

También te podría gustar...