1 1 1 1 1 1 1 1 MB e X portav 200715

 

A nova Xunta de Portavoces da Deputación de Ourense do cuadrienio político 2015-2019 celebrou onte a súa primeira reunión coa participación do presidente da institución provincial, Manuel Baltar, o secretario da Deputación e os voceiros dos catro grupos políticos que conforman a corporación provincial: Plácido Álvarez (PP), Ignacio Gómez (PSOE), Gonzalo Pérez Jácome (DO) e Ramiro Rodríguez (BNG).

Na xuntanza analizáronse os temas que conforman a Orde do Día do vindeiro pleno extraordinario que celebrará a corporación provincial no Pazo Provincial o xoves 23 de xullo, ás 11.00 horas. Entre os asuntos que se tratarán figuran a dación de conta da constitución dos grupos políticos da corporación e designación de portavoces, o réxime de sesións do Pleno e da Xunta de Goberno, e a dación de conta de resolucións da Presidencia relativas a nomeamentos de membros da Xunta de Goberno, nomeamento de vicepresidentes, delegacións na Xunta de Goberno e delegacións en deputados provinciais.

Tamén lévase a pleno a creación e composición das comisións informativas permanentes, a designación de cargos e representantes da Deputación de Ourense noutros organismos e entidades, a delegación de competencias do Pleno na Xunta de Goberno, e o réxime de retribucións, asistencias e indemnizacións a cargos electos e subvencións a grupos políticos, así como a modificación da Relación de Postos de Traballo e do anexo do persoal do orzamento para a creación de postos e prazas de persoal eventual.

Outros asuntos que inclúe a orde do día do Pleno son o expediente de modificación de créditos n.º 3/2015 (suplementos de crédito e créditos extraordinarios) do orzamento da Deputación Provincial de Ourense para o exercicio 2015; a modificación da Ordenanza reguladora dos prezos públicos para a prestación de servizos e a realización de actividades no Pazo dos Deportes Pazo Paz e noutras instalacións deportivas da Deputación Provincial de Ourense; a modificación do convenio de colaboración co Club Ourense Baloncesto para o uso das instalacións do Pazo dos Deportes Paco Paz, e finalmente a modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2015, relativa ás obras municipais dos concellos do Carballiño, A Mezquita, Parada de Sil e Vilar de Santos