“A Galicia do fin do mundo”, exposición fotográfica no Instituto Cervantes de Moscú

Turismo de Galicia organiza unha exposición fotográfica sobre os atractivos da Comunidade no Instituto Cervantes de Moscú.

  • A mostra, que conta con máis de cincuenta fotografías de gran formato, poderá verse na Sala de Exposicións do Instituto Cervantes da capital rusa ata o vindeiro 22 de novembro
  • Esta exposición fotográfica xa se puido ver nas cidades polaca de Bialystok, Cracovia e Varsovia e viaxará á cidade arxentina de Córdoba
  • No pasado ano 2014 nos establecementos hoteleiros de Galicia rexistráronse un total de 7.911 viaxeiros e 12.984 pernoctacións de turistas rusos
Turismo de Galicia inaugura esta semana a exposición fotográfica “A Galicia do fin do mundo” que ata o vindeiro 22 de novembro se poderá ver na Sala de Exposicións do Instituto Cervantes da capital rusa, Moscú

Turismo de Galicia inaugura esta semana a exposición fotográfica “A Galicia do fin do mundo” que ata o vindeiro 22 de novembro se poderá ver na Sala de Exposicións do Instituto Cervantes da capital rusa, Moscú

Turismo de Galicia inaugura esta semana a exposición fotográfica “A Galicia do fin do mundo” que ata o vindeiro 22 de novembro se poderá ver na Sala de Exposicións do Instituto Cervantes da capital rusa, Moscú.

Trátase dunha exposición que conta con máis de cincuenta fotografías de gran formato nas que se mostran paisaxes, costumes e a arquitectura da comunidade galega, desde os prehistóricos castros, pasando polas edificacións románicas e barrocas, ata chegar aos proxectos constructivos máis contemporáneos.

Ademais a mostra inclúe unha ampla selección de fotografías relacionadas co Camiño de Santiago, a través das súas paisaxes, edificacións e peregrinos das distintas rutas.

Para a difusión deste evento na cidade rusa editáronse ademais uns catálogos promocionais que se distribuirán en distintos lugares senlleiros de Moscú.

Esta exposición fotográfica xa se puido ver nas cidades polaca de Bialystok, Cracovia e Varsovia e viaxará á Arxentina onde poderá verse na cidade de Córdoba.

Por outra parte, no marco desta acción promocional, tivo lugar o pasado sábado a Noite da Música en Moscú na que se proxectaron films galegos relacionados coa música, cultura e tradicións.

Mercado ruso
Polo que respecta ao mercado emisor ruso, no pasado ano 2014 nos establecementos hoteleiros de Galicia rexistráronse un total de 7.911 viaxeiros e 12.984 pernoctacións de turistas rusos.

Así, este mercado supuxo para Galicia o 0,8% do total da demanda internacional de Galicia en 2014.

También te podría gustar...