A Escola Provincial de Danza do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” da Deputación de Ourense inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, o curso 2015-2016 para as actividades de Baile, Pandeireta e Canto, e de Gaita para acompañamento de grupos de baile, así como o Obradoiro de Tecido Tradicional. As clases impartiranse de luns a venres de 17.30 a 21.00 horas e poden participar todas as persoas maiores de 5 anos.

A Escola Provincial de Danza inicia o curso 2015-2016 o 5 de outubro

A matrícula continuará aberta durante o mes de outubro ata cubrir as prazas dispoñibles. Os interesados en participar poderán realizar a matrícula no local da Escola de Danza situado no Centro Comercial “As Lagoas”, na praza Daniel González, onde se pode recoller o formulario de inscrición e onde haberá que cubrir unha ficha cos datos persoais e adxuntar unha fotografía. O horario de oficina durante o mes de setembro será de 9.00 a 14.30 horas.

Para máis información poden chamar ao teléfono 988317880.