• A Deputación de Ourense estará presente en Termatalia 2016, en México
  • Esta feira internacional de turismo termal, reunirá do día 29 de setembro ao 1 de outubro, a máis de 200 expositores e a profesionais de máis de 35 países

 

1k_4A Deputación de Ourense estará presente na nova edición de Termatalia, que baixo o lema “Naturalmente saudable”, reunirá desde mañá 29 de setembro ata o 1 de outubro a máis de 200 expositores e a profesionais de máis de 35 países, no estado de Coahuila, en México.

Termatalia, a feira internacional de turismo termal, desenvolve este ano, a súa terceira edición en América, na que participará a deputada provincial de Turismo, Ana Villarino, ofrecendo un relatorio sobre “Programas innovadores de Turismo social – Tren Balnearios”, no cal explicará os obxectivos e liñas estratéxicas do plan termal provincial, así como, os produtos innovadores do plan, como son o termalismo deportivo, os trens turísticos e o termalismo social. Pola súa parte, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, ofrecerá un relatorio centrado no termalismo deportivo na provincia de Ourense. Dúas intervencións que levarán a “Marca Ourense” ata o escaparate internacional de turismo termal.

Asemade, no ámbito cultural, a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, tamén viaxou a México, onde terá unha intensa actividade, coa actuación no programa Portafolio da TV RCG, en Cohauila, e con diferentes concertos, coa colaboración da Asociación de Empresarios e o Centro Galego de México.