A Deputación de Ourense opta aos “Premios Europeos do Sector Público” cun proxecto de participación cidadá

Cartel Plan Participa Ourense 1

 

O “Plan Participa Ourense”, unha iniciativa innovadora da Deputación de Ourense para o desenvolvemento urbano sostible e a participación cidadá na xestión pública é o proxecto co que a institución provincial opta aos “Premios Europeos do Sector Público” (EPSA), uns galardóns promovidos e organizados polo Instituto Europeo de Administracións Públicas, que teñen como obxectivo premiar a excelencia na xestión das administracións.

A Deputación de Ourense presentou a súa candidatura a estes premios a proposta do presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, unha candidatura aberta a todos os países da Unión Europea, na que se valoran especialmente os proxectos de colaboración transfronteiriza e financiados pola UE. O “Plan Participa Ourense” é unha iniciativa de promoción da participación cidadá na xestión pública que se desenvolveu en 19 concellos da provincia de Ourense. O maior fito logrado foi que permitiu ao ente provincial coñecer de forma directa os hábitos da poboación rural e as súas necesidades na prestación de servizos, principalmente en materia de servizos públicos e mobilidade.

Cartel Plan Participa Ourense

 

A primeira edición do Plan tivo lugar en febreiro de 2014 e foi financiado a través do proxecto europeo transfronteirizo para a redución da pegada do CO2 “Climatlantic”. O éxito logrado na primeira edición levou á Deputación a organizar e financiar con fondos propios unha nova edición do proxecto en xullo, agosto e setembro de 2014, edición na que se organizaron actividades de sensibilización e participación nos concellos de: Baltar, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Xinzo de Limia, A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, A  Verea, O Barco de Valdeorras, O Carballiño e A Gudiña. Na segunda edición do “Plan Participa Ourense” realizáronse máis de 500 enquisas que permitiron obter información para o deseño de proxectos adaptados ás necesidades da poboación rural.

Baixo o lema “O sector público como socio para unha sociedade mellor”, estes premios europeos á excelencia na xestión administrativa buscan recoñecer a aquelas administracións públicas que están a mudar a súa forma de traballo cara a modelos de colaboración e gobernabilidade, enfoques innovadores de xestión pública, cohesión social e liderado, que teñen en conta o saneamento das finanzas, como é o caso da Deputación de Ourense, que logrou nos últimos tres anos reducir o seu endebedamento en mais dun 75% e que grazas á información obtida no “Plan Participa Ourense” integrará no vindeiro programa de goberno accións valoradas directamente pola poboación como son o transporte á demanda, a creación dunha plataforma de participación cidadá ou o deseño da estratexia provincial de enerxía e cambio climático.

 

También te podría gustar...