• A organización aprobou hoxe por unanimidade a incorporación de Manuel Baltar no órgano de xestión e a do presidente do County Council de Staffordshire (Reino Unido), Philip Atkins.
  • A sede central de Partenalia está en Bruxelas e o goberno provincial ourensán terá a súa disposicións estas oficinas, ubicadas no centro político da Unión Europea.
  • A asemblea de Partenalia aprobou hoxe a “Declaración de Castellón para o bo goberno”, asinada por todos os membros, que inclúe propostas de Manuel Baltar como a elección directa dos cargos públicos, os procesos de transparencia e “Goberno aberto” e a responsabilidade social corporativa.

A Deputación de Ourense forma parte desde hoxe do Consello Político de “Partenalia”, a organización política de gobernos locais intermedios de Europa. Na segunda xornada do cumio que se celebra en Castellón o plenario aprobou por unanimidade a incorporación de Manuel Baltar no órgano de xestión e a do presidente do County Council de Staffordshire (Reino Unido), Philip Atkins.

Desta maneira, a Deputación de Ourense entra a formar parte do máximo órgano de xestión desta organización xeopolítica que ten a súa sede central en Bruxelas e da cal o goberno provincial ourensán poderá dispoñer, no centro político da Unión Europea, para realizar o seu labor de xestión no que atinxe ao desenvolvemento de proxectos europeos a prol da provincia de Ourense.

Manuel Baltar expresou o agradecemento por parte do goberno provincial de Ourense e dixo que a forza da unión dos gobernos locais intermedios de Europa “permitiranos trasladar a Bruxelas as peculiaridades das nosas administracións, que son ás máis achegadas á realidade social e ao día a días dos cidadáns”. “O importante son as persoas, sen importar cantas residan nun determinado territorio, e nós, os concellos e os gobernos locais intermedios, temos a obriga de escoitalas, e de favorecer e apoialas nas súas necesidades de benestar e servizos”, expresou o presidente.

A asemblea de Partenalia aprobou hoxe a “Declaración de Castellón para o bo goberno”, asinada por todos os membros, que inclúe propostas de Manuel Baltar como a elección directa dos cargos públicos, os procesos de transparencia e “Goberno aberto” e a responsabilidade social corporativa. Con este documento, os gobernos locais intermedios comprométense a integrar na súa acción de goberno os dez compromisos, relativos a Gobernanza multinivel; Goberno Aberto; Lexitimidade democrática; Elección directa de cargos públicos; Sostibilidade financeira; Participación efectiva; Unha administración, unha competencia; O poder para o cidadán; Responsabilidade social corporativa e Recuperar a confianza.

En canto aos temas propostos por Manuel Baltar que aprobou a asamblea, no que atinxe á Elección directa o documento defende “a mellora da calidade democrática nos procesos de elección dos representantes aos diferentes niveis do goberno local, asegurando a directa relación entre elector e electo, o que suporía un achegamento do goberno á cidadanía e unha maior intervención da mesma na toma de decisións”.

Consello de Partenalia

Consello de Partenalia

Goberno aberto e RSC

Polo que respecta a Goberno aberto o acordo expresa que ten como obxectivo “achegar valor á sociedade a través dun mellor uso e reutilización dos datos públicos. A implantación de procesos de transparencia na xestión das institucións permitiranos render contas sobre aqueles que nos demanden; debemos esixirnos máis como servidores públicos e alcanzar unha maior implicación dos cidadáns co seu territorio”.

Asemade, referido á proposta de Baltar sobre Responsabilidade social corporativa (RSC) o documento de Partenalia sinala que os gobernos locais Intermedios “desempeñamos un papel transcendental na configuración social e económica dos nosos territorios. Por elo é fundamental asumir compromisos socialmente responsables cos nosos cidadáns e coa nosa contorna mediante os valores de transparencia, ética política, participación cidadá, solidariedade, cooperación, igualdade, calidade de vida e sostibilidade. A RSC constitúe unha solución viable á desafección cidadá e á mellora do benestar”.

Sobre a Gobernanza multinivel Partenalia defende que constitúe “unha das claves principais do éxito do proceso de integración europea. Require, por parte das administracións de todos os niveis territoriais, a cooperación transfronteiriza e o traballo en rede para dar respostas aos retos globais. Esta Gobernanza promove tamén os principios de subsidiariedade, proporcionalidade e asociación no proceso de aplicación das políticas europeas”.

Tamén reivindica o documento a Lexitimidade democrática, “que nos capacita aos gobernos locais intermedios para decidir, priorizando determinadas políticas e prestacións fronte a outras, en función de obxectivos orientados ao ben común e á satisfacción das necesidades da cidadanía desde a proximidade e competencia efectiva”.

Economía e competencias

No que atinxe aos aspectos económicos, Partenalia defende que a necesaria racionalización da estrutura das administracións públicas “garante a sustentabilidade financeira das mesmas e o control dos niveis de gasto nos asuntos competentes”, e sobre Participación efectiva propón “establecer unha norma legal sobre os mecanismos de participación cidadá efectiva como requisito obrigatorio para o conxunto de gobernos locais intermedios. As ferramentas e canles para a escoita activa, o diálogo e suma de talento conforman unha oportunidade democrática única de mellorar a acción política”

Sobre as competencias das administracións, o documente explicita a necesidade de “clarificar e delimitar competencias para que cada administración pública saiba con precisión que é o que ten que levar a cabo e as súas propias responsabilidades. Cada servizo débeo prestar a administración que o poida facer mellor e da forma máis eficiente, así se acabaría coas competencias impropias e permitirá centrar os esforzos económicos”.

Sobre o “Poder para o cidadán”, a declaración aprobada hoxe por Partenalia destaca que é necesario “un cambio de perspectiva na acción pública e trasladar o centro de poder desde a Administración, e na súa representatividade o político, ao cidadán”. “As novas tecnoloxías –engade- dan capacidade ao cidadán de crear opinión, transmitila e mobilizarse socialmente, e ante esta realidade, as administracións temos que ser capaces de integrar no noso modelo político a enerxía transformadora que aflora na cidadanía”.

Finalmente, no que atinxe á recuperar a confianza, Partenalia afirma que temos o deber “de devolver o prestixio á política e a confianza dos cidadáns nas administracións públicas, e iso pasa por seguir levando a cabo propostas encamiñadas cara á rexeneración política e democrática, así como promover a exemplaridade do servidor público”.

Tamén destacou hoxe no cumio de Partenalia a celebración dunha mesa redonda na que se debateu sobre “Gobernos locais intermedios, retos de futuro”.