1 1 1 1 1 2015 MB e libreiros

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos directivos da Asociación de Libreiros de Ourense Pilar Rodríguez e Francisco Negro con quen concordou en continuar coa colaboración para reivindicar a importancia da lectura. Precisamente, nesta liña de apoio ao fomento e promoción literaria, a Deputación de Ourense contará na vindeira Feira do Libro de Ourense cun stand propio en dito evento.

Os directivos da asociación e o presidente do goberno provincial exploraron ademais novas posibilidades de colaboración para fomentar a lectura, e unha delas será que o Termalismo terá un destacado protagonismo nas feiras do libro de Galicia deste ano.

Manuel Baltar animou aos libreiros a celebrar feiras similares noutros puntos da provincia de Ourense e salientou que neste mes de maio “debemos facer especial fincapé na literatura galega e na importancia de Ourense neste espazo literario”.