A Consellería ratifica no DOG a merma de aulas e profesorado no rural ourensán

CCOO EnsinoA Consellería ratifica no DOG a merma de aulas e profesorado no rural ourensán, segundo indica a sección de Ensino CCOO-Ourense.

A consellería publica o peche do colexio de Calvos de Randín e confirma os recortes xa anunciados no mes de xuño.

Os datos indican unha perda de 8 unidades de infantil e primaria na provincia, que se suma as perdas sufridas durante os últimos anos.

En canto o profesorado, pérdense en computo global un total de 13 postos de traballo na provincia que se sumarán os 2500 postos de docentes non universitarios que se levan perdido en Galicia nos últimos catro anos.

CCOO Ensino reclama que a consellería aplique o acordo de agrupamentos asinado no ano 2009, e senón o aplica, que sexa coherente cos propios ratios establecidos por eles mesmos, e que nalgúns casos como o de Casaio, non cumpre. Actuacións, que deixan de manifesto cales son os seus verdadeiros intereses.

CCOO Ensino denuncia que a consellería está a tomar decisións unilaterais e economicistas, sen ter en conta criterios socio-económicos ou pedagóxicos a hora de pechar un centro ou agrupar alumnado de diferentes idades derivadas da eliminación de unidades.

CCOO Ensino Ourense segue sen aceptar o catálogo de centros para o curso 15-16 e seguirá a loitar para intentar minimizar a liquidación feita pola consellería

También te podría gustar...