A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 4,7 millóns de euros a seguros agrarios en 2015

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13A Consellería do Medio Rural e do Mar destina 4.750.000 euros en axudas á contratación de seguros agrarios ao longo de 2015. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e convócanse para o ano 2015. Agárdase que se poidan beneficiar destas achegas máis de 25.000 agricultores e gandeiros.

Mediante esta orde, desenvólvese o previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establece para a Comunidade Autónoma de Galicia as axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios. A súa finalidade é conseguir que un maior número de agricultores e gandeiros poidan beneficiarse das vantaxes que supoñen os seguros como un instrumento para facer fronte ás perdas económicas que poidan ter nas súas producións, como consecuencia da actuación de axentes alleos tales como o clima, enfermidades e outros, sendo un dos instrumentos máis eficaces da política de rendas. Como novidade neste ano 2015 incorpóranse as axudas da Administración autonómica aos seguros de producións acuícolas para o mexillón de Galicia

Deste xeito, a Xunta participa nas subvencións que financien as pólizas de seguro que se prevexan no plan anual estatal do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, co fin de fomentar a contratación de seguros agrarios.

Este Plan anual de seguros agrarios combinados para o exercicio 2015 foi aprobado por Resolución do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de fomentar a contratación de seguros agrarios. Este Plan anual de seguros agrarios combinados para o exercicio 2015 foi aprobado por Resolución do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 18 de novembro de 2014, publicado no BOE do 5 de decembro de 2014.

A subscrición do seguro realizarase exclusivamente a través das entidades aseguradoras autorizadas polo Ministerio de Economía e Competitividade e inscritas no Rexistro de Tomadores da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA) e poderán realizarse de forma individual ou colectiva.

As datas de inicio, o prazo de subscrición e formalización da correspondente póliza de seguro e a subvención sinálanse de forma particular para cada liña de contratación na Orde do 18 de marzo de 2015, onde constan todas as liñas contempladas no plan para Galicia. Con esta orde de axudas mantense o compromiso e apoio da Xunta -a través da Consellería do Medio Rural e do Mar- que ten co sector produtor, tanto agrícola coma gandeiro.

También te podría gustar...