libros digitalesA Consellería deixa sen axudas para libros de texto ao alumnado de 3º e 5º de primaria e 1º e 3º da ESO, segundo CCOO-Ensino.

Coa excusa de recuperar os bancos de libros a Consellería impide que moitos pais/nais/titores legais podan acceder ás axudas para libros escolares.

A consellería considera que os bancos de libros dos centros, para o cursos de 3º e 5º de primaria xa dispoñen de libros LOMCE trala implantación da lei en setembro do ano pasado.

Cuestión que non é certa xa que a maioría dos centros non modificaron os libros no curso 14-15 o ser a aprobación do currículo de primaria posterior a orde de axudas de libros de texto. CCOO Ensino Ourense considera a orde que regula as axudas para libros de texto un castigo aos centros e as familias que non modificaron os libros o ano pasado.

CCOO Ensino Ourense solicita á Consellería que reconsidere a súa postura e que non pague coa comunidade educativa a precipitación na implantación da LOMCE.