«15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos», entrega dos premios

  • O premio «Provincia Intelixente» da Deputación de Ourense recaeu en Nicolás Ladero
Entrega dos premios do 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

Entrega dos premios do 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou onte na entrega de premios do «15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos» que tivo lugar no Salón de Grado da Escola Superior de Informática no Campus de Ourense. No acto tamén estivo presente a directora da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, Ana Garriga Domínguez e a directora adxunta de Expourense, Emma González Diéguez.

Rosendo Fernández destacou que a Deputación de Ourense, colaboradora do evento, apoia este tipo de iniciativas que son «unha gran oportunidade para os estudantes do sector de Galicia e de Portugal para dar a coñecer os seus proxectos de Fin de Carreira».

Este concurso no que participan estudantes dos Títulos de Enxeñaría en Informática, Enxeñaría de Telecomunicación e Traballos de Fin de Máster de másteres oficiais relacionados co eido das tecnoloxías da información e as comunicacións das tres universidades galegas e tamén do Norte de Portugal ten como obxectivo «dar visibilidade á investigación e aos proxectos que desenvolven os estudantes das distintas disciplinas relacionadas cas tecnoloxías e polo tanto, que sexa unha ponte de conexión entre a sociedade e o mundo da empresa» asegurou Emma González.

Ana Garriga engadiu que estes premios «non só visibilizan os traballos que se fan na universidade senón que son útiles para a sociedade, por iso é importante que continúe este concurso».

Unha das novidades deste ano é que dentro dos premios do 15º Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, a Deputación de Ourense entregou o premio «Provincia Intelixente» que recaeu en Nicolás Ladero polo traballo «Deseño, implantación e validación dun sistema de recoñecemento de fontes sonoras sobre un SBC». Este premio atópase dentro do apartado de «Provincia Intelixente» do Plan Ourense 15-19, orientado a dar servizos ós cidadáns e ás administracións locais e no que as tecnoloxías da información teñen unha especial incidencia no seu desenvolvemento.

Na Modalidade B dos premios o primeiro foi para Nuria Canle e o segundo para Nicolás Vila. Asemade o accesit desta modalidade foi para Santiago Iglesias. Na Modalidade A o premio foi para Iván Trigos. O premio ao proxecto máis votado na rede social «Facebook» recaeu en Nicolás Vila. Repartíronse en total 1.400 euros en premios.

También te podría gustar...